Entroido Quente 2025

XVI Entroido Quente Maceda

O 2 de agosto Maceda ardeu… e non é por unha ola de calor! Chegou a tan esperada XVI edición do ENTROIDO QUENTE: disfraces, música, actividades e o mítico Ralli do Humor onde o que sobra é a vergoña

LUUUUUUME

Contaremos con: @bcb_musica@fanfarriataquikardia @maskarponeou @orquestaneverloura e @dj.sandin repartindo música. Como todos os anos, tamén terán lugar as Batallas de Galos

Organizado pola “Asociación Entroido Quente Maceda” ca colaboración do Concello de Maceda co seguinte programa:

17:00 Ralli do Humor

17:30 I Ralli do Humor Jr

20:00 Pasarrúas coa Charanga BCB

23:00 Final Batalla de Galos

00:00 Concertos: Latexo Percusión, Orquesta Neverloura, Turbo Lombriz, Dj Sandin

16º Ralli do Humor Entroido Quente

Coma sempre, un máximo de 4 participantes por grupo, onde participaron os seguintes: Ociosangal, Los hombres de luis, Barros, Ken y su harén, Bodegas Charlin, Condes, Patoalavida, Xeneración Nos yyavirgen, Hawaianos Locos, Timón, Pumba, Super-hadas, Tropatropical, Crazy People, Os Indios, Os Mariachis 1, Os Mariachis 2, Primis Harley Quinn, Cachorritos Quentes e Las Clásicas

Percorreron as rúas de Maceda desenvolvendo 8 probas divertidas cas seguintes denominacións: O zoco voador – Mioco, A palmeriña do demo A lua, cinto cego – A Cafeteria o Castillo, entrena o teu biceps – Km0, sen forno e sen masa – Casa Rosa, mans fora e boca aberta – A Fenda, con un par de pelotas – Dilixencia, unha cunca compartida –A Cervexeria

Quedaron finalistas «Bodegas Charlín» e «Ken y su harén» que se enfrenttaron nun peculiar xogo do «pañuelo» quedando como gañadores «Ken y su harén»

1 Ralli do Humor Junior

Este ano tivemos como novidade un Ralli do Humor Júnior para os máis cativos organizado por @ascuruxas.academia

Lugar parque Entroido Quente as 17:30 h

Duración 1 h e media, participación de balde

Había 36 prazas dispoñibles e os nenos participantes pasaron unha tarde activa e entretida.

Batalla de Galos

Unha nova edición, con dúas sesións, na praza dos Cabaceiros as 17h. e no Escenario Principal ás 23h, obrigatorio vir disfrazado.

+ 300 euros en premios, Cupo para o Trono do Norte (Marisquiño 9 de agosto), tatuaxe valorado en 100 euros e Merchandising Oficial do Entroido Quente.

Contouse con Host Claudinho, Dj Affair, Host Porto, Trabis, Iban e Lopas.

Mapa

Aquí vos deixamos o mapiña desta edición do Entroido Quente

E o cartel tran tremendo e este mapa e obra de @ismaeldece que ten máis arte ca un museo enteiro mil grazas!!

Zona Camping

Este ano, vive a festa ao máximo sen preocuparte por onde durmir!

Zona de Camping: trae a túa tenda e instala o teu campamento preto da festa.

Zona para Autocaravanas: espazo acondicionado para que aparques e goces comodamente.

Zona de Vestiarios dispoñible para refrescarte e estar sempre a punto.
Cafetería con almorzos polas mañás para comezar o día con enerxía!

Merchandising Oficial

Camisetas Entroido Quente 2025

Xa están aquí as Camisetas da XVI Edición do Entroido Quente!!

Colabora con nós levando a túa cami e facendo que o Entroido Quente sexa máis épico todavía

O modelo é unisex e dispoñemos desde a talla XS ata a 3XL. Aquí vos deixamos un formulario para que podades encargalas! (as tallas de nen@s xestionaranse si se alcanza un número mínimo de pedidos).

TEDES O ENLACE  

https://docs.googa le.com/…/1FAIpQLSdVpGL4ctawNK…/viewform

Vasos Entroido Quente

Iesaaaa! Queremos avisarvos de que este ano teremos vasos do Entroido Quente a 1€ para non colaborar co exceso de residuos! GAAAAAAS

Chapa Entroido Quente 2025

Se queres conseguir a chapa do Entroido Quente…

Xa a tes dispoñible en: A Chuche Mecánica, Cafetería Km0, Tasca-Bar O mioco, Bar Casa Rosa, A Cervexería-

Próximamente en máis establecementos…

Non vos preocupedes para atopala, iremos detrás de vós coma todos os anos 🤣🥰

Iremos subindo máis información e novas proximamente!

Xa non teredes que preocuparvos por levar efectivo enriba: máis cómodo, máis rápido e máis tempo para desfrutar!

Galería fotográfica:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.