XVII Entroido Quente Maceda

O 25 de xullo de 2026 Maceda arderá… e non é por unha ola de calor! Chegará a tan esperada XVII edición do ENTROIDO QUENTE: disfraces, música, actividades e o mítico Ralli do Humor onde o que sobra é a vergoña
LUUUUUUME
Contaremos con: @bcb_musica@fanfarriataquikardia “Mekanika Rolling Band”, “Atacapaca” Dj Paulo Seoane” repartindo música. Como todos os anos, tamén terán lugar as Batallas de Galos
Organizado pola “Asociación Entroido Quente Maceda” ca colaboración do Concello de Maceda co seguinte programa:
- 17:00 Ralli do Humor
- 17:30 II Ralli do Humor Jr
- 20:00 Pasarrúas coa Charanga BCB
- 23:00 Final Batalla de Galos
- 00:00 Concertos: de: “Mekanika Rolling Band”, “Atacapaca” Dj Paulo Seoane”
17º Ralli do Humor Entroido Quente
2 Ralli do Humor Infantil
Inicio ás 17;30 (duración 90 min).
Anotate nos teléfonos 691 405151 ou 662 349807 (ata o 23 de xullo).
Calzado cómodo, haberá xogos con auga ca idea de refescar aso nenos mentres xogan.
Organiza Entroido Quente e As Curuxas.
Batalla de Galos
Unha nova edición da Batalla de Galos.
Empezamos no parque dos Cabaceiros
16:00-16:30 h Inscripcións
17 h inicio
No parque do Entroido Quente
23 h Semifinal/ final.
Obrigatorio ir disfrazado.
Premios:
300 euros- Tatuaxe – Merch Entroido Quente
Cea Entroido Quente
Xa están dispoñibles os tickets da cea do Entroido Quente¡¡¡
Podes recollelos na Chuche Mecánica en Maceda e tamén estarán dispoñibles o propio día do Entroido Quente na Barra da Festa.
Prezo: 7 euros.
Menu: Empanada, paella e pan.
Non agardes ata o último momento e faite xa co teu ticket¡¡¡¡
Mapa
Aquí vos deixamos o mapiña desta edición do Entroido Quente
E o cartel tran tremendo e este mapa e obra de @chiste_loiro que ten máis arte ca un museo enteiro mil grazas!!
Zona Camping
Este ano, vive a festa ao máximo sen preocuparte por onde durmir!
Zona de Camping: trae a túa tenda e instala o teu campamento preto da festa.
Zona para Autocaravanas: espazo acondicionado para que aparques e goces comodamente.
Zona de Vestiarios dispoñible para refrescarte e estar sempre a punto.
Cafetería con almorzos polas mañás para comezar o día con enerxía!
Merchandising Oficial
Camisetas Entroido Quente 2026
Xa están aquí as Camisetas da XVII Edición do Entroido Quente!!
Colabora con nós levando a túa cami e facendo que o Entroido Quente sexa máis épico todavía
O modelo é unisex e dispoñemos desde a talla XS ata a 3XL. Aquí vos deixamos un formulario para que podades encargalas! (as tallas de nen@s xestionaranse si se alcanza un número mínimo de pedidos).
TEDES O ENLACE
ToteBag Entroido Quente
Iesaaaa! Queremos avisarvos de que este ano teremos Totebag (bolsas de tela) do Entroido Quente a 8€ para non colaborar! GAAAAAACIIIASSSS¡¡¡¡
Tamen podes mercar o pack totebag + camiseta por 20 euros e levas a colección completa.
Animate e participa con nos.
Rifa Sorteo Entroido Quente:
Grazas aos comercios e establecementos colaboradores faremos un sorteo de estupendisimos premios no parque do Entroido Quente o 25 de xullo ás 20 h.
Merca as túas participacións por tan só 1euro.




























































































































































































































































































































































































